venres, 18 de maio de 2012

Novas Follas

Ainda que xa pasou, onte foi o Día das Letras Galegas, e como esta está a ser unha semana un pouco complicada por diferentes razóns, me gustaría adicarlle unha entrada.
Como non sei de ningún libro sobre o coiro en Galego, imos facer unha derivación, o Día das letras galegas se celebra este día xa que foi o dia que se publicou Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no ano 1863. E como Rosalía tamén escribiu un libro chamado Follas Novas o podemos vincular coas Novas Follas  que estamos a elaborar na clase. Baseandonos en dúas técnicas.
Celsa P1B

O modelado en repuxado con recheo.

Mónica P1B

Kelly P1b
Raquel P1A













A transferencia de Texturas

luns, 7 de maio de 2012

Traballando cun Mestre

Como xa saberedes o pasado venres tiven a oportunidade de coñecer o artesán estadounidense Charlie Davenport, este artesán traballa para a empresa Tandy Leather Factory desenvolvendo novos produtos didácticos e ferramentas, ademais de ser o encargado de xestionar o blog da empresa e os perfís desta en Facebook.
 Charlie ademáis tuvo detalle de adicarlle unha foto dunha das súas pezas ós alumnos da Emao, con verbas cheas de sentimento e sabedoría.
"Todo artista do coiro debería divertirse co que fai... se ti o pasas ben, te divirtes, os teus proxectos mellorarán máis rápido"
1- O primeiro paso que seguimos foi recortando o debuxo proposto transferiu o debuxo do papel ó coiro. A cabeza do touro mediante o uso dun buril pasou dun folio  a un anaco de pel de vaca.


2- Empregando a coitela xiratoria fixounha incisión no coiro seguindo as liñas exteriores do debuxo.

3- O deseño incisado queda así. Se o repasaramos cun buril xa o poderíamos deixar así como un incisado simple.
4- A  continuación cun mateador de cuña repasamos o brde exterior do debuxo, así queda sobreposto ó fondo do deseño.

5- Unha vez que xa rematamos o labrado tradicional as liñas do debuxo se repasan con burís. Para darlle máis realidade tridimensional cun bisturí se fai un corte  en paralelo o plano por debaixo das orellas.

 6- Co buríl repasamos os bordes coa idea de redondear os bordes para darlle máis realismo e darlle textura ás diferentes partes da cabeza.

7- Este sería o último paso para rematar a técnica coñecida como "figure carving", é dicir, labrado figurativo.












Mañá.: ¿Queres máis?

sábado, 5 de maio de 2012

Sempre merece a pena...


Primeiros pasos no incisado
Soamente como adianto, ¿poden merecer a pena 26 horas de autobus, dúas de tren e tres taxis para pasar unha mañán en Jerez de la Frontera? Resposta  SI, tiven a sorte de poder desplazarme e coñecer ó mestre Charlie Davenport, pasei con el toda a mañán de onte, venres, e falamos moito, aprendín moitisimo máis e veño cargado de regalos, así que me repito, Sempre merece a pena unha paliza de viaxe para xogar co coiro...

Charlie mateando cun mazo feito polos mestres da
Escola Carlos Corral e Pepe Pereira


Touro rematado

















Coincidencias da vida realizou un labrado da cabeza dun touro, Tony Laier a cabeza dun cervo, cando lle preguntamos que porqué sempre animais con cornos, non soubo responder, pero o acabado final merece a pena

xoves, 3 de maio de 2012

Non queda nada

Soamente quedan unhas horas para a clase maxistral de Charlie Davenport en Jerez de la Frontera, aquí vos deixo para que vos fagades unha idea de quén é este compañeiro de oficio.





luns, 30 de abril de 2012

Toda unha vida...

Aínda que non é o habitual, quero facer unha entrada un pouco persoal, xa que se trata dunha data moi especial. Estes días materialízase un tramite, unha xubilación, que non un retiro, xa que hai cousas que se levan no sangue, e o sangue se pasa en día indo e vindo ao corazón, así que algo debe quedar. Xubílase unha persoa moi especial para min, Neli, de quen podo dicir que é a miña nai nisto do coiro, que nunca dixo non, nin ocultou nada e axudoume moito dende o principio, hai case doce anos cando a súa tenda aínda estaba na pontevedresa praza da Ferraría. E aínda que doce anos parecen moito para ela non o son, xa que a xubilación lle chega despois de máis de 50 anos de traballo subministración aos traballadores do coiro na cidade e a provincia.

Sempre cunha palabra amable, transmitindo confianza e disposta a escoitar alí estaba, e por agora segue, animándonos no noso traballo, dándonos ideas e motivándonos para que seguísemos adiante, e ata aquí chegamos, aínda que estamos dispostos a continuar traballando, innovando e conservando...
Dende o máis profundo do corazón !!!MUCHÍSIMAS GRACIAS¡¡¡
A empresa non desaparece, e outra xeración toma o relevo, moito ánimo e xa sabeis onde estamos.

!!!NELI, MOITAS GRAZAS por TODO¡¡¡

venres, 27 de abril de 2012

O outro amigo Americano

Traballo que realizará no curso.Tandy Leather en Facebook.
O vindeiro xoves dia 3 a tenda de Tandy Leather Factory en España (Jerez de la Frontera) contará cunha visita especial, o artesan Cahrlie Davenport impartirá unha clase maxistral de 16:00 a 20:00 sobre o labrado do coiro. Charlie Davenport é un artesán que xunto con Tony Laier e Jim Linnell forman parte do equipo de Innovación e Desenrolo da empresa americana. Queda pouco para a súa chegada e dende aquí podo asegurar dunha maneira ou outra a Escola estará alí representada...
Ultimo traballo de Charlie Davenport para o blog de tandy
Tutorial dun debuxo realizado por Charlie davenport

martes, 24 de abril de 2012

Engastando


Peza Proposta polo Mestre
Partindo dun azulexo realizamos estas pezas, o obxectivo era aplicar a técnica do engastado, é dicir, adaptar a tapa dunha peza a un obxecto a cubrir, que cuns pequenos cortes queda de novo á vista.
A técnica é moi similar á realizada coas tesoiras pero deixando o interior á vista e xogando co contido e as formas obtemos curiosos colgantes e chaveiros cunha aparencia diferente.




Iria PII

Ana PIB

Celsa PIB

Adriana PIB

Kelly PIB