mércores, 18 de febreiro de 2015

Primeira Actividade complememtaria a "Coiro... aínda que non o pareza"

O pasado venres na Hemeroteca da nosa Escola, os nosos amigos Lien e Andrés de Tandy Leather España nos presentaron parte das novidades para o 2015 que o fabricante norteamericano inclue no seu catalogo.
Lien nos ensinou a empregar as ferramentas de labrado e mateado, e nos foi dando consellos para o seu emprego e conseguir efectos diferentes na pel. Tamén nos ensinou a aplicar os adhesivos con base de auga e ó final explicou algunhas das técnicas experimentais que coñeceu en Usa para aplicar a cor dun xeito diferente.
Andrés pola súa parte nos presentou os diferentes produtos para cor, os professional waterstain, os hi lite, o antique... e nos deu moitos trucos que nos van ser moi prácticos, tanto nos tintes ó auga como ó alcohol...
Grazas polo ensinado, demostraremos o aprendido






Ningún comentario:

Publicar un comentario