Como xa sabedes os pasados lúns martes e mércores non houbo clase, xa que puiden participar no curso que o mestre colombiano Nelson Gómez Callejas impartiu en Barcelona no obradoiro dos nosos amigos Pedro e Julián Sañudo.
O curso nos tivo ocupados as tres tardes, así que o lúns e o martes póla maña tratamos de coñecer a Barcelona do Coiro, as tendas e os obradoiros, o lúns me tocou a mín so, pero o martes fixen ruta xunto a Juan Ruiz (Cuero Noutrora) que acudiu ó curso dende Ourense. Aquí podedes revisar o nos itinerario.
Barcelona de Coiro on PhotoPeach
Como xa sabedes o curso se desenvolveu no Poble Espanyol, no Obradoiro Sañudo. Aquí podedes coñecer a os tres xenios que alí fan maravillas co coiro, Pedro, Julian e Susana. Moitas Grazas por ser tan bós anfitrións.
O Obradoiro Sañudo on PhotoPeach
A técnica do Guadamecí e una técnica que combina repuxado, ferreteado, policromado e aplicación de pan de oro ou de prata. Orixinalmente o guadamecí procede do norte de África e na época islámica da península comeza a desenvolverse ata que consegue o seu máximo esplendor e fai que Córdoba sexa o seu principal centro de producción e que se exporte a todo o mundo. Nelson Gómez Callejas e agora un dos máximos exponentes desta técnica na súa versión contemporánea, na que se mesturan as ferramentas para o coiro cos pinceis, a pluma, as cores e materiais máis propios do mundo da arte, pero que consigue os efectos dos clásicos cunha temática propia. Próximamente veremos o traballo de Nelson con máis calma.
Guademecilando Con Nelson on PhotoPeach
Ningún comentario:
Publicar un comentario