venres, 30 de maio de 2014

Grazas, Grandes, Guimaraes, Guadamecí,

Grazas, moitas grazas, infinitas grazas, sempre dicía un admirado amigo.
Pois ben, o pasado mércores pola mañán recibimos na Emao a visita de dous GRANDES amigos, que ademáis son GRANDES artesáns, Franklin Pereira e Ana Caldas, a súa visita foi para disfrutar dunha visita guiada por Eduardo Alvarez, mestre de Ourivería, á exposición "Ángel Mareque e a creación do obradoiro de Ourivería da Escola Municipal de Artes e Oficio". Sen dubida unha visita guiada co  mellor anfitrión.
O Mércores pola tarde acompañaronnos a GUIMARAES, onde eles nos guiaron na súa exposición "Pele com Pele, Transfiguración e Transformación" unha viaxe polos couros dourados ibéricos, e o GUADAMECÍ. Despois completamos a visita coñecendo a Zona de Couros, onde esta cidade lusa acadou gran importancia pola súa industria do curtido.
O xoves pola mñán un grupo de alumnos de Iniciación das mañáns repetimos a viaxe, esta vez coa soa guia do mestre, pero ainda así repetimos a ruta e as palabras de Franklin para poder ilustrar a viaxe.












Como xa dixen Grazas a todos, especialmente a Franklin e a Ana

luns, 26 de maio de 2014

Intercambio Internacional

Como xa sabedes os alumnos, e a partires de Agora os demais, na cidade lusa de Guimaraes está aberta a exposición "Pele com Pele, Transfiguraçao e Transcendencia" dos grandes Artesáns Portugueses Franklin Pereira e Ana Caldas. Unha mostra actual cunha fonda retrospectiva histórica sobre o Guadamecí.
Guiados pola estrela da boa sorte os alumnos e a Escola, vamos a ter un agasallo incríble, mañán pola noite chegan a Vigo Franklin e Ana e o mércores pola mañán visitarán a Exposición de Angel mareque e o Obradoiro de Ourivería da Escola no Espazo Emao. Xa pola tarde, se todo vai ben viaxaremos con eles para visitar a Exposición e coñecer a Zona de Couros de Guimaraes. Aquí tedes un adianto.







venres, 4 de abril de 2014

Dias Europeos da Artesanía

Mañá sabado, con motivo dos Dias Europeos da Artesanía fun convidado para falar na Casa da Cultura de Gondomar sobre o Coiro. Moitísimas grazas dende aquí á Asociación de Artesáns do Val Miñor pola confianza depositada en mín.
Na "conferencia-charla-monologo" que titulo "El cuero y yo" contarei como cheguei ó coiro e que é o que facemos cada día na Escola, Grupos de traballo ós que pertenzo e no meu día a día para vivir como un coiro adicto. Vai ser divertido....
Esperamosvos..

venres, 21 de marzo de 2014

Semanas Intensas

Como xa sabedes, a pasada semana tiven a oportunidade de visitar a exposición "Antropología del Cuero" no Museo de Artes y Tradiciones Populares. Con motivo da clausura  coincidín con Ines(Arte Guadamecí) Alex (ArtCuero) e Michael (ArtCuero), a mala sorte fixo que non puidese coincidir con Carmen(Signatus), pero puiden contemplar a súa obra, os mellores pirograbados que puiden ver na miña vida. A verdade é que coma sempre desfrutei moitísimo na compaña da familia de Campolongo e da Familia do coiro que teño en Madrid. Aquí vos deixo algunhas fotos das pezas que máis me sorprenderon.






























 Por certo, que de Madrid tamén chegou esta semana un vigués que traballa na capital, e veu a coñecer a Escola e o noso Obradoiro. podedes ver os traballos de Vilas, que así se chama aquí. Grazas pola túa visita e xa sabes onde estamos

venres, 7 de marzo de 2014

Expoñendo

Cartaz da Expo
Dende o pasado 14 de Febreiro e ata o 14 de Marzo en Madrid no Museo de Artes y Tradiciones Populares, se esta mostrando a Exposición "Antropología del Cuero"
Os artífices de esta exquisita selección son os nosos  amigos de Artcuero, Alex, Sara e Michael. Grazas a Angeles de Iniciación A, Lourdes de P2A e iria de PI podemos amosarvos algunhas das fotos das pezas que están a exhibir. Ademáis esta fin de semana Juan e Susana de Iniciación B van tamén a ser testemuñas.
 Así que xa sabedes, os que teñades a oportunidade de visitala xa sabedes ata o venres que ven... E proximamente máis fotos e videos en primeira Persoa... Na mostra se exhiben tamén pezas pirograbadas de Carmen Sanz, (Signatus). Como Podedes ver a exposión foi a seguinte parada da viaxe de Louis Landwehr a traves do coiro por España.
Noraboa ó Equipo de ArtCuero, Especialmente ó Maestro Michael Nadeau polo bo traballo realizado.
E moitísimas grazas a Iría de PI, a Angeles de Iniciación A, e a Lourdes de P2a polas fotos que compartiron con nós

Arte Guadamecí, Alex, Sara, Louis, Michael e Tony Cueros




























Esta tarde na sala de Exposicións do BBVA, enfrente da Escola, se Inaugura a exposición da Mestra de Pintura da Escola, Paula Mariño, baixo o nome de "Low Cost" .
Dende aqúi unha aperta para Paula e moitísima Sorte.

domingo, 23 de febreiro de 2014

Estampando....

Agora que xa todo está máis tranquilo podemos amosarvos o que entre os obradoiros de Serigrafía Artística e Artesanía en Coiro, as probas finais coincidiron a mesma semana que recibimos a visita de Louis Landwehr, así que aquí podedes ver o que fixemos empregando o tórculo, a prensa de grabado e unha prensa mecánica. Estampando on PhotoPeach