venres, 10 de outubro de 2014

Despegando...

O novo Curso xa comezou, e así estamos, despegando... Aquí podedes ver algunha foto dos primeiros traballos dos nosos alumnos de Perfeccionamento 1. O Azulexo Engastado

María P1b



Viki P1b

Juan P1b

Juan, P1b

Eugenia P1b

Sandra P1b
Nieves P1B

E Próximamente... O Pulido por Capas





luns, 15 de setembro de 2014

Lotería

Hoxe ás 9.30 da mañán tivo lugar na Hemeroteca da Escola o sorteo das letras para comezar a selección dos alumnos do vindeiro curso 2014-15, por primeira vez o sorteo se fixo de xeito virtual, e o resultado é o seguinte, esperemos que tíverades sorte, e senon sempre quedará a Salud (jajajaja)

luns, 8 de setembro de 2014

Tres Días....

Aínda estamos a tempo, o vindeiro mércores dia 10 remata o prazo de preinscripción para o vindeiro curso na EMAO. Así que xa sabedes, os que poidades difundídeo....
http://hoxe.vigo.org/pdf/emao/Convocatoriaxeral2014.pdf

luns, 1 de setembro de 2014

Xa estamos Aquí outra vez.

Hoxe cópiolle a María Jesús, a "Comunity Manager" da Escola
Hoxe, 1 de setembro, a Escola abre de novo a súas portas, a piques de comezar o novo curso recordarvos que o prazo de preinscrición para o curso 2014-2015 da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO)  pódese facer online (del 16 de xuño ao 10 de setembro) e tamén presencial (do 16 de xuño ao 31 xullo e do 1 ao 10 de setembro) no edificio principal da EMAO, rúa García Barbón, 5, en horario de 10 h. a 14 h., laborables de luns a venres. Tamén pódedes encontrar información na páxina deEMMA (Escolas Municipais de Música e Artes do Concello de Vigo). Aquí tedes un folleto explicativo de todas as especialidades que ofrece a Escola: folleto.emao pdf

luns, 28 de xullo de 2014

Allariz vestíuse de Coiro

Como xa sabedes, durante toda a semana pasada en Allariz tivo lugar a Semana dos oficios do Coiro, esta actividade intensificouse durante a fin de semana coa Mostra dos Oficios do Coiro. Este evento e o segundo ano que se organiza, e para mín foi o primeiro que puiden asistir, e teño que dicir: ¡¡¡¡¡¡Parabéns!!!!!
Parabéns a Ernesto e a Miriam, polo bo traballo realizado de organización e convocatoria, Parabéns a todos os que participaron durante toda a semana nas actividades, xa que ademáis de colaborar na difusión dos oficios do Coiro seguro que aprenderon moito e o pasaron moi ben.
Eu personalmente teño que ademáis de felicitar polos resultados, agradecer o trato recibido, a todos, e colaborar para que este tipo de eventos se sigan a celebrar e a fomentar para que o público en xeral coñeza de primeira mán o que facemos.
Espero voltar a vervos o vindeiro ano.

Entrada principal do Museo do Coiro
Algunhas das pezas de Fernando Martínez Sousa
Peza de Ivan Ríos

Peza de Jose Villar (Taller 1924)

Ferramentas de Ivan Ríos

Guadamecil Contemporaneo realizado por Franklin Pereira

Guadamecil Contemporaneo de Nelson Gómez Callejas

Guadamecil Contemporaneo de Nelson Gómez Callejas

Ferramentas de Ivan Ríos

Guadamecís contemporaneos realizados durante o curso da semana pasada

Bibliografia e documentación de Franklin Pereira

Algunhas das Pezas de Juan Ruiz

De Esq. a Der.Ernesto, Franklin, Nelson, Fermín, Pepe e Pepe

martes, 22 de xullo de 2014

Semana dos Oficios do Coiro

Por segundo ano consecutivo, na vila ourensana de Allariz, os nosos amigos Ernesto e Miriam poñen en marcha ó longo de esta semana no Museo do Coiro de Alllariz a Segunda Mostra dos oficios do Coiro.

 Esta iniciativa é moi interesante, xa que contén propostas moi variadas e como xa sabedes este tipo de eventos do noso oficio son prácticamente inexistentes...
Por unha banda, ata o día 30 de Agosto no patio do museo podemos desfrutar da Exposición "Pele com Pele, Tranfiguración, Transcendencia" que visitamos en Guimaraes, na que ademáis aparecen novas pezas dos seus autores Franklin Pereira  e Ana Caldas.
Hoxe día 22 comeza o Obradoiro de creación artística impartido por Nelson Gómez Callejas, no que explicará o proceso creativo da técnica do Guadamecil Contemporáneo.
E a fin de semana, terá lugar a Mostra dos oficios do Coiro, no que haberá Taller, ferramentas, libros, pezas.... o sábado pola noite terá lugar un concerto de sitar de Franklin Pereira....
Merece a pena pasar



martes, 1 de xullo de 2014

Fin de Ciclo

Como xa sabedes onte pola tarde, no salón de actos da Escola foi a entrega de Diplomas para os alumnos que acabaron as súas especialidades na Emao este curso. Aquí vos deixo as primeiras fotos para que os vexades.