domingo, 29 de xuño de 2014

22 Leznas (Subelas)

O vindeiro luns 30 de xuño ás 19:00 h terá lugar, no salón de actos, a entrega de diplomas para o alumnado das distintas especialidades (Nivel II en CAIM, Cerámica, Encadernación Artística e Serigrafía artística; Perfeccionamento II no resto das especialidades) que remata os seus estudos no curso 2013-2014.
Por parte do noso obradoiro serán 22 os alumnos que recibirán este recoñecemento, 22 leznas (e o escribo así para diferencialas da subela...) alá por outubro de 2011 foron 36 os que comezaron en dous grupos, e 18 son os que chegaron, (xa que os outros catro proveñen do ano aterior e se incorporaron o curso pasado a estes dous grupos), os outros 18 foron quedando polo camiño, uns porque atoparon traballo, outros porque non o atopaban, outros porque non o vían claro... mañán os botaremos en falta a todos, pero sobre todo a un, que sabía o que era levar trenzas, Luís, tamén haberá unha lezna para ti...
Estes tres anos foron sen dúbida de aprendizaxe, pero tamén de risas, de traballo, de experimentos e de xogos, e o único que espero é que serviran para facerlles ver a 22 alumnos que o traballo do coiro é algo diferente a unha manualidade, un entretemento ou un hobbi. Espero que vos derades conta de que o que fixemos forma parte dun Oficio con miles de anos de dedicación e que o principio cada unha das persoas que iba descubrindo o coiro descubría que este material era algo máis que un simple anaco de pel morta dun animal.... era un anaco de coiro e como puidestes descubrir durante estes tres anos, O COIRO É MÁXICO

Moitas Grazas, Rosi, Marcos, Consuelo, Rosa, Balbina, Carmen, Marina, Vane, Lourdes, Esperanza, Ana, Celso, Ania, Loly, Alex, David, Miriam, Sebastian, Raquel, Mariña, Luisa e Rafa.

luns, 16 de xuño de 2014

Novos Productos, Vellos Coñecidos....

Peza decorda coa ténica do Repuxado Felino
Como xa sabedes moitos de vós, durante esta semana terá lugar a inauguración da Exposición "Novos Productos", dende o noso obradoiro lle engadimos un apelido, Vellos Coñecidos...
O que tratamos de facer é buscar no noso entorno elementos que nos sirvan para decorar o coiro, xa veredes como o traballo de Ania, Balbina, Carmen, Marcos e Vane vos vai a sorprender....
Peza decorada coa Ténica do "Gravado a Pedir de Boca"

Peza decorada coa técnica do "Gravado a pedir de Boca"

Peza decorada coa Técnica do "Gravado a pedir de Boca"


venres, 30 de maio de 2014

Grazas, Grandes, Guimaraes, Guadamecí,

Grazas, moitas grazas, infinitas grazas, sempre dicía un admirado amigo.
Pois ben, o pasado mércores pola mañán recibimos na Emao a visita de dous GRANDES amigos, que ademáis son GRANDES artesáns, Franklin Pereira e Ana Caldas, a súa visita foi para disfrutar dunha visita guiada por Eduardo Alvarez, mestre de Ourivería, á exposición "Ángel Mareque e a creación do obradoiro de Ourivería da Escola Municipal de Artes e Oficio". Sen dubida unha visita guiada co  mellor anfitrión.
O Mércores pola tarde acompañaronnos a GUIMARAES, onde eles nos guiaron na súa exposición "Pele com Pele, Transfiguración e Transformación" unha viaxe polos couros dourados ibéricos, e o GUADAMECÍ. Despois completamos a visita coñecendo a Zona de Couros, onde esta cidade lusa acadou gran importancia pola súa industria do curtido.
O xoves pola mñán un grupo de alumnos de Iniciación das mañáns repetimos a viaxe, esta vez coa soa guia do mestre, pero ainda así repetimos a ruta e as palabras de Franklin para poder ilustrar a viaxe.












Como xa dixen Grazas a todos, especialmente a Franklin e a Ana

luns, 26 de maio de 2014

Intercambio Internacional

Como xa sabedes os alumnos, e a partires de Agora os demais, na cidade lusa de Guimaraes está aberta a exposición "Pele com Pele, Transfiguraçao e Transcendencia" dos grandes Artesáns Portugueses Franklin Pereira e Ana Caldas. Unha mostra actual cunha fonda retrospectiva histórica sobre o Guadamecí.
Guiados pola estrela da boa sorte os alumnos e a Escola, vamos a ter un agasallo incríble, mañán pola noite chegan a Vigo Franklin e Ana e o mércores pola mañán visitarán a Exposición de Angel mareque e o Obradoiro de Ourivería da Escola no Espazo Emao. Xa pola tarde, se todo vai ben viaxaremos con eles para visitar a Exposición e coñecer a Zona de Couros de Guimaraes. Aquí tedes un adianto.







venres, 4 de abril de 2014

Dias Europeos da Artesanía

Mañá sabado, con motivo dos Dias Europeos da Artesanía fun convidado para falar na Casa da Cultura de Gondomar sobre o Coiro. Moitísimas grazas dende aquí á Asociación de Artesáns do Val Miñor pola confianza depositada en mín.
Na "conferencia-charla-monologo" que titulo "El cuero y yo" contarei como cheguei ó coiro e que é o que facemos cada día na Escola, Grupos de traballo ós que pertenzo e no meu día a día para vivir como un coiro adicto. Vai ser divertido....
Esperamosvos..

venres, 21 de marzo de 2014

Semanas Intensas

Como xa sabedes, a pasada semana tiven a oportunidade de visitar a exposición "Antropología del Cuero" no Museo de Artes y Tradiciones Populares. Con motivo da clausura  coincidín con Ines(Arte Guadamecí) Alex (ArtCuero) e Michael (ArtCuero), a mala sorte fixo que non puidese coincidir con Carmen(Signatus), pero puiden contemplar a súa obra, os mellores pirograbados que puiden ver na miña vida. A verdade é que coma sempre desfrutei moitísimo na compaña da familia de Campolongo e da Familia do coiro que teño en Madrid. Aquí vos deixo algunhas fotos das pezas que máis me sorprenderon.






























 Por certo, que de Madrid tamén chegou esta semana un vigués que traballa na capital, e veu a coñecer a Escola e o noso Obradoiro. podedes ver os traballos de Vilas, que así se chama aquí. Grazas pola túa visita e xa sabes onde estamos