venres, 18 de outubro de 2013

O Maestro José maría Ruiz


Retrato do Maestro
Esta semana seguimos coñecendo persoeiros do mundo do coiro polas terras do sur, se a semana pasada estabamos en Ubrique, capital da Marroquinaría, esta semana estamos en Córdoba, capital do traballo Artístico no Coiro. O Maestro José María Ruiz responde o noso cuestionario. Podedes seguir o seu traballo en Facebook (El-Taller-del-Artesano). Traballos clásicos e técnicas innovadoras... amor polo oficio...

 -Como empezaches no coiro?
Pura casualidade, o meu irmán por entón tonteaba coa zapataría e eu estaba demasiado ocioso.
-Como descubriches o nobre material?
A miña cidade ten unha longa tradición do coiro e aínda que nunca me dediquei ao traballo artístico, ata agora, era unha constante na artesanía de aquí.
-Que ten o coiro que non teña outro material?
Creo que o coiro como calquera material nobre ou natural, ofrece mil posibilidades para traballalo. Non menosprezo outros. Calquera traballo feito con amor á materia que o conforma pode resultar unha xoia.




-Dentro das técnicas que coñeces cal é a túa favorita?
Dentro do traballo máis artístico que desenvolvín nos últimos anos, sen dúbida o "Coiro fervido"
-Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
Todas as que me quedan por facer. Sempre a seguinte.
-Que consello lle darías a alguén que está a empezar?
Que goce e investigue, pero que teña en conta o que xa está descuberto, non paga a pena tratar de inventar a pólvora.

                                                                                   -Tes algunha ferramenta "especial"?
Adoro as ferramentas, quizais a miña pequena colección de pulidores son do que máis me gusta.




mércores, 16 de outubro de 2013

Primeiras Pezas....

Os alumnos de Perfeccionamento 1 veñen de rematar a primeira das súas pezas deste curso, esperamos que vos gusten os resultados.
Yolanda

Nieves

Rosa

Pily


Xavier

Edith
Elisa
Marisa

Ruben

venres, 11 de outubro de 2013

Pepe Bazán,

Comezamos unha nova etapa do blog e a partir de agora , periódicamente publicaremos entrevistas como as que lle fixemos ós artesáns que participaron en 100x100 Coiro, ou os que nos visitan, pero agora participarán artesáns que teñen algo que transmitir e o queren compartir.
 Un referente a nivel Nacional no traballo do Coiro, e no amor polo Oficio e José Luis Bazán, un Maestro, con todas as letras, que como non, sendo de Ubrique non podía dedicar a súa vida a outra cousa, o Coiro, a nosa afección e para moitos a nosa paixón. Pepe tamén nos dedicou un tempo para que saibamos, quén é e que coñezamos o seu traballo.
Moitas Grazas Maestro...
-¿Como empezaches no coiro?, ¿como descubriches o nobre material?
Son a terceira xeración neste oficio, iso quere dicir que na miña casa como en case todas as de Ubrique se respiraba coiro por todos lados. O meu pai foi o meu primeiro mestre, el ensínoume a querer este material e o oficio. A súa curiosidade, a súa imaxinación e o coñecemento do traballo callaron en min ata namorarme en todos os sentidos do coiro. El sempre me dicía que quedaban moitos campos por investigar e que tiñamos que pensar e desenvolver novos obxectivos co coiro como base. Aos 12 anos comecei nun taller de repuxado, o dos irmáns Urbina, compartía o colexio co traballo de aprendiz. De hai pasei a Piel Anfe, un taller que na súa maioría se dedicaba á fabricación de estuchería e escritorios, en todos os talleres de entón aos aprendices nos poñían ao servizo dun Oficial que nos ensinaba o oficio, así que había que espabilar. O verdadeiro mestre e alma deste taller era Félix Sánchez, mentres que aprendía co meu Oficial aproveitaba con disimulo para estar atento a todo o que pasaba na súa mesa de traballo, el sen sabelo inculcou en mín máis se se podía o amor a este Oficio.
Anos despois xa como oficial fun pasando por talleres especicializados en diferentes técnicas, pequena marroquinería, maletíns, bolsos, etc.
Aos 19 con varios amigos montamos o noso primeiro taller, no que traballabamos por encarga.
Traballo un par de anos no taller de deseño da comercializadora de produtos Marroquineros de Ubrique en el facemos realidade os proxectos de marcas internacionais por non dar nomes pero que a maioría coñecemos, aquí coincido cun gran mestre Pera Ventura, el ensíname a ver doutro xeito, a ver formas, espazos...
Volvo montar outro taller esta vez coa miña compañeira Isa no que combinamos o traballo tradicional con algunhas técnicas diferentes.

O que segue, case 8 anos dedicado á formación de coiro en diferentes centros. Aquí combino a investigación coa docencia.
En febreiro cumpriu 11 anos Artenazari, o noso ultimo proxecto aquí xúntanse varias vertentes, investigación, produción, venda, e formación.
A formación de futuros amantes deste oficio, é á que máis tempo lle dedicamos. Estamos instalados no Centro Tecnolóxico da Pel de Andalucía en Ubrique e dende aquí organizamos os nosos cursos a nivel tanto Nacional coma Internacional.
-¿Que ten o coiro que non teña outro material?
O primeiro, pertenceu a un ser vivo con todo o que isto significa. Podo estiralo, endurecelo, pintalo, e un longo etc. e ademais estou namorado como un rucho...
-Dentro das técnicas que coñeces ¿cal é a túa favorita?

A miña técnica favorita é investigar e difundir o que vou aprendendo, agora estou a experimentar con grandes formas, e texturas. Quedaría co moldeado.
-¿Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
¿Soñades co coiro?, eu sí e aínda que vivise 200 anos me faltarían moitos mais para realizar só o que teño nos meus apuntamentos.
-¿Que consello lle darías a alguén que está a empezar?
Que o coiro é un Oficio ao que hai que amar, que temos que estar abertos para compartir e aprender de outros, e que non existen regras ás que atarse, que como todo neste universo é un camiño, unha forma de vida...
-¿Tes algunha ferramenta "especial"?
A chaveta ou chifladora que herdei do meu pai e que me acompaña dende entón...

mércores, 9 de outubro de 2013

Xogando co Coiro

Hai algún tempo que coñecín a un Mestre do Coiro e cando lle pedín un consello para os meus alumnos me dixo que xogasen co coiro e que divertidose aprenderían máis... así que estes días os alumnos de P2 xogaron cuns retallos de coiro e auga, espero que vos guste o resultado.
"Elefante" Luisa P2B

"Home sentado en cadeira psicodélica diante
do lume" Loly P2B

"Mini eleffante Hindú" Alex P2B

Alguns dos traballos realizados na clase


"Dinisaurio" Vanesa P2A

Anacos  de coiro "molecularmente alterado"

"Pseudo Flor"

xoves, 26 de setembro de 2013

¡¡¡¡Parabens!!!!

Tal día coma hoxe, hai soamente 127 anos, se inauguraba o Primeiro curso da nosa Escola, así que Parabens, e que o sigamos celebrando 127 anos máis.

martes, 17 de setembro de 2013

Catro Esquinas

Estes meses de parón serviron para redistribuir o espazo da aula. Aquí podedes ver as catro esquiniñas da nosa aula...




mércores, 11 de setembro de 2013

A Lotería

Está mañán ás 9.30 no salón de actos da Escola tivo lugar o sorteo para sabr por que letra van a comezar a ser chamados os alumnos preinscritos para este curso nas especialidades da Emao. Os "afortunados" para a nosa especialidade son aqueles cun apelido que comece a partir das letra GL.