luns, 23 de abril de 2012

Dia do libro

Xa que o dia de hoxe se celebra o Dia internacional do Libro aproveitamos para celebrar este dia invitandovos á nosa Biblioteca, na que poderedes desfrutar da súa beleza e dunha gran cantidade de libros especializados sobre todo en Arte e os Oficios Tradicionais. Ademáis lembrovos que tedes á vosa disposición unha moi boa colección de libros educativos sobre o traballo do coiro e alguns patróns.
Non lle teñades medo ó idioma, xa que moitos están escritos en Inglés, como sempre digo unha boa ilustración axuda e moito a salvar as barreiras do idioma.
Feliz Dia do Libro a Todos!!

venres, 30 de marzo de 2012

Comezo das vacacións

Hoxe é o último dia do trimestre, comezan as vacacións de Semana Santa e comezan con FESTA... como todos sabedes o pasado mércores 28 foi o día da Reconquista de Vigo, esta fin de semana se celebrará co tradicional Mercado polas rúas do Casco Vello con pasarrúas a partires das 10 da mañán.
O noso obradoiro terá varios representantes vendendo pezas de artesanía en coiro e máis, Duarte, Mipalanave, Mis Retales, e o debú da Casa da Tartaruga que venderán os seus produtos.
Moita Sorte e que o pasedes ben...

mércores, 28 de marzo de 2012

Rectificar é de sabios

Di o refrán que "rectificar é de sabios", pois ainda que non me considero un sabio rectifico. Esta semana analizamos na clase unha fotografia dunha sela de montar que pertenceu a Pancho Villa, que foi subastada a semana pasada, as comas en vez de os puntos me xogaron unha mala pasada, así que 750,000$ (interpretei 750,00) se transforma en 750.000$ case nada...
Gracias a que na clase de onte Sol buscou a nova en internet.
Así que ai queda iso... ¿Porque non nos poñeremos todos de acordo para un punto e unha coma sexan o mesmo aqui, en Arizona ou en Xapón?http://centaurodelnorte.com/silla-de-montar-de-francisco-villa-fue-subastada-en-718000-dolares/

Rectificado queda

mércores, 21 de marzo de 2012

Nova exposición no Espazo Emao


Foto de D. Antón Corral
Baixo o Título: “Artesanía, Música e Tradición. A Colección Antón Corral”esta tarde se inaugura no Espazo Emao(Sala de Exposicións da Escola) este traballo comisariado polos mestras da Escola: Federico Fernández, Carlos Corral, Ramón Casal e Xaime Rivas amosa a historia en duas zonas instrumentos musicais tradicionais recopilados por Antón Corral ao longo da súa carreira, e que hoxe forman parte da colección da Escola Municipal de Artes e Oficios; o outro espazo recolle a relación deste constructor pioneiro en Galicia, coa antiga Universidade Popular e coa Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, e o seu legado.
Do 21 de marzo ao 4 de maio de 2012 de martes a venres laborables de 19 a 21 horas

Tarrañolas e castañolas que se poden ver na Exposición








Instrumentos de vento que se poden ver na Exposición

venres, 16 de marzo de 2012

De volta ó Museo

http://www.artencordoba.com/MUSEOS/Museos-Cordoba-Arte-sobre-piel-obras.html
Esta tarde como complemento á clase complementaria de Historia do Traballo do Coiro asistiremos ó Museo de Pontevedra. O Obxectivo da visita é coñecer en primeira persoa as pezas que de coiro labrado (cadeiras, bancos, arcóns) e os seus Guadamecís.
O Guadamecí é unha técnica decorativa que ten unha gran importancia xa que durante os seculos XV, XVI e XVII supuxo a máxima expresión do traballo artístico do coiro en España, que se exportaba por todo o mundo. A técnica consiste no repuxado, dourado, policromado e ferreteado sobre pel de carneiro (badana). Xa vos contaremos máis...

venres, 9 de marzo de 2012

Conclusións

Sei que ese mañán tardou un pouco máis do debido, pero xa chegou...
Tony Laier posando coas "lezna" que lle regalamos
 e o dossier sobra a historia da Escola
A viaxe de hai unha semana foi incrible, mereceu a pena totalmente, o comentaba o outro dia na clase, moitas veces cando xurde un curso ou unha actividade coma esta na que o desplazamento e o aloxamento poden representar unha dificultade a miña actitude sempre é a mesma, ainda que so aprendamos a enfiar unha agulla merece a pena, os nervios e o medos son normais, pero debemos acudir seguros.
Tony Laier é o director do departamento de Investigación e Desenvolvemento da compañía Tandy Leather Factory, o que supón que se pasa o dia pensando no que nos gusta, o coiro, na sua casa de Colorado xunto coa súa muller Kay traballan en equipo desenrolando material didáctico, ferramentas e productos para facilitar o noso traballo. Así dito parece normal, pero ten un aliciente, rebosa o espiritú de Stohlman. Me contaba que cando Al intentou empezar a traballaro coiro nos Estados Unidos os atresáns non lle querían ensinar,  o que o frustrou un pouco, pero o motivou a investigar e acabar plublicando 32 libros para que ninguén tivera os mesmos problemas, e ensinando o oficio a moita xente, Tony Laier é un deles, que cumple co dito, ensinar, compartir, aprender...
Para mostra un exemplo, en todas as fotos que fun colgando, incluso nas das probas, se ve un marco branco o redor do coiro, cartón, xa que o traballo que fai Tony é fotografiado sempre porque lle pode servir para moito, pero el ademais explica que o fai seguindo un "mandamento" do obradoiro de Al e Ann, "Finesse in everything you do", delicadeza, finura en todo o que fagas.
Cando me despedín o volvín a invitar a Galicia, falandolle da Escola, das paisaxes Galegas e da nosa gastronomía, a sua resposta foi clara, algo así como deixame falalo coa miña muller.... así dende aquí seguiremoslle pregando ós Deuses do Coiro que un dia o Gran Tony Laier coas súa muller Kay se deixen caer por García Barbón 5.
Thank you Master an Friend.
Quero tamén agradecer o traballo a pasada fin de semana de outra persoa que sempre veredes o lado de Tony, o outro Tony ou PepeTony, de Florida, un empregado da compañía en este estado que fixo as veces de tradutor, e que en máis dunha ocasión nos aclarou moito ....

Tony Laier, Pepe Pereira e Pepe Tony de Florida
Amplia a imaxe e mira ben o Cinto de Tony Laier
Como non parou de repetir un dos asistentes á demostración do sábado: "Ozú que arte"

martes, 6 de marzo de 2012

Resumo da viaxe II

Sábado:
Anaco de coiro de mostra de técnicas.
O dia comezou ben, como deberían comezar todos, café con leite e molete de xamón con tomate. A iso das nove e cuarto xa estaba na tenda para facer as últimas compras, troqueis, tintes, conchos... de todo un pouco. Cando remetei a compra Tony xa levaba un bo rato por alí e se me achegou, empezamos a falar e así estuvemos ata as dez e media que empezou a demostración, unha sorte incríble, falamos de todo, pero sobre todo de coiro contoume anécdotas de Paul Burnett, que se lembrades faleceu a semana pasada, tamén de Al e Ann Stohlman, os seus mentores neste oficio, dixo que Al, a pesar de ser un gran decorador do coiro non aceptaba unha peza como boa e puña o seguinte exemplo, si facía unha sela de montar moi ben decorada, con moitos detalles, pero que lle resultaba incomoda o xinete ou o cabalo non a daba por boa, é dicir que a decoración non era que iso, decoración, o máis importante era a funcionalidade e comodidade das pezas. O final da nosa conversa lle preguntei que consello vos daría, e dixo: "Un mestre cando que ensina unha materia di pratica, pratica, pratica, pratica, que quere dicir traballa, e o traballo se pode entender como unha obriga, eu digo, divírtete, e divertindote aprenderás"
Eu lle contestei que na clase ás veces vos digo xoga co coiro, ó que él contestou : "pois o meu consello para os teu alumno é ese, dilles que xoguen".
Mostra de estampado xeométrico
A demostración comezou ás dez e media, tocaba estampado, explicou os seus orixes históricos, que xa os exipcios o empregaban, e que ata a época dos Guadamecís españois se empregou, pero que estes xa comozarón a empregar pranchas para reducir o tempo de traballo, pero que co tempo se foi recuperando. O Estampado era segun él unha solución decorativa rapida para decorar unha superficie grande pero que últimamente se estaba traballando para sacarlle o máximo partido os troqueis, é dicir buscarlle novos usos. A este respecto dixo unha frase moi boa, "buscarlle novos usos a unha ferramenta é o que nos axuda a aforrar cartos", e penso que ten toda a razón.
Os estampados que explicou foron o xeométrico, o basketweave e o meander, nas fotos os podedes ver, primeiro facendo o estampado tradicional e a continuación co mesmo troquel ia facendo variacións. Incribles alguns resultados.
Mañán a despedida
Mostra dos troqueis individuais e algunha composición

Mostra de estampado xeométrico. Clásico der. Variacións esq


Aplicación evariacións do Meander

Aplicación do basketweave en Punta de frecha e Diamante

Aplicación tradicional do BasketWeave