 Aínda que non é o habitual, quero facer 
unha entrada un pouco persoal, xa que se trata dunha data moi especial. Estes 
días materialízase un tramite, unha xubilación, que non un retiro, xa que hai 
cousas que se levan no sangue, e o sangue se pasa en día indo e vindo ao 
corazón, así que algo debe quedar. Xubílase unha persoa moi especial para min, 
Neli, de quen podo dicir que é a miña nai nisto do 
coiro, que nunca dixo non, nin ocultou nada e axudoume moito dende o principio, 
hai case doce anos cando a súa tenda aínda estaba na pontevedresa praza da 
Ferraría. E aínda que doce anos parecen moito para ela non o son, xa que a 
xubilación lle chega despois de máis de 50 anos de traballo subministración aos 
traballadores do coiro na cidade e a provincia.

traballadores do coiro na cidade e a provincia. Sempre cunha palabra amable, transmitindo confianza e disposta a escoitar alí estaba, e por agora segue, animándonos no noso traballo, dándonos ideas e motivándonos para que seguísemos adiante, e ata aquí chegamos, aínda que estamos dispostos a continuar traballando, innovando e conservando...
Dende o máis profundo do corazón !!!MUCHÍSIMAS GRACIAS¡¡¡
A empresa non desaparece, e outra xeración toma o relevo, moito ánimo e xa sabeis onde estamos.
!!!NELI, MOITAS GRAZAS por TODO¡¡¡