venres, 8 de xullo de 2011

"O Maestro"

Como xa sabedes os que estades na miña clase un dos artesáns que máis admiro neste momento, xa que sigo o seu traballo dende agosto do ano pasado, posto que antes non o coñecía, é SELIM. O seu traballo é para min e moitos máis unha fonte de inspiración e motivación. A innovación no traballo do coiro. Sempre digo que cando dicimos que traballamos o coiro a xente asocia inmediatamente :"haces bolsos,carteras, citurones", e é certo, pero o noso traballo ou entretemento é algo máis. Esta idea se representa en Selim.
Charlie Davenport e Al Stohlman, entre outros cos seus traballos e publicacións, nos axudan a aprender, a pensar e a interpretar as técnicas e ideas do oficio ( baixo o punto de vista do traballo do coiro en Estados Unidos). Selim aporta a innovación e nos axuda imaxinar o imposible, baixo esta premisa me puxen encontacto con él para poder empregar as imaxes da sua obra na clase. Posto que na sua páxina web(http://www.selim.es/) se poden observar as suas pezas, pero non todo o mundo se desnvolve con soltura na rede. Pois ben, ahi vai a sua resposta (corta e pega):

Selim é o do centro. Foto: Oficioyarte
Amigo Pereira: Siempre es una satisfacción cuando alguien le dice a uno que le gusta lo que hace. Gracias. Ya sabrás que en éste camino sin meta que es nuestro humilde oficio, lo hecho sólo es un trampolín para saltar a lo por hacer y en eso, en lo próximo que hagamos, es dónde está el desafío del constante aprendizaje, pero me alegra saber que lo hecho pueda servir de estímulo a otros.
Desde luego que puedes contar con mi autorización. Será un honor para mí si ello contribuye a abrir horizontes en el trabajo. He visto los trabajos de tus alumnos. En algunos hay ideas y madera. Adelante. Me gustaría recibir mas noticias vuestras. Un abrazo. Selim

Así que vos podedes dar por aludidos todos, hai madeira, así que toca cargalas pilas neste veran para que cando comece o novo curso todos poidamos empezar con moitas ganas a traballar esa madeira.
Moitas polo teu apoio Selim.
P.D. Na páxina web recomendo unha observación con calma de cada peza para que vexades que non hai imposibles.

venres, 1 de xullo de 2011

Proxecto fin de Especialidade



Mari Carmen P2b- Bolso

Durante o terceiro curso da nosa especialidade, no ultimo trimestre, os alumnos desenrolan un proxecto para demostrar os coñecementos adquiridos durante os tres anos que estuveron aprendendo na Escola. Os Resultados deste ano son:

Conchi P2a- Calendario


Noni P2A- Lampada

JuliaP2A- Candil



Ana P2A- Reloxo de Sol

Victor P2A- Espello con Reloxo
  














Patri P2a- Lampada

Mercedes P2b- Coxín para Escabel


Gracia P2B- Lampada


Manoli P2B- Abanico Decorativo.

  




MariFe-P2B- Fol









Andrea P2b-Tocador






Noemi P2B- Maleta para Ferramentas.




Geni P2b- Reloxo


Moitas Grazas a tod@s. Síntome  moi contento e orgulloso polo voso traballo.

Gracias Outra Vez. Pepe Pereira

venres, 24 de xuño de 2011

O que fixemos e o que estamos a facer

Soamente un avance do que durante este ano fixemos no obradoiro de "Artesania en Coiro". Algunhas técnicas son de nova aplicación e outras tradicionais, A ver o que vos parecen.

Estampado de punto de Cesta. Noemi P2



Estampado en punto de cesta e Matedocon pé de mula.NoemiP2




Trenzado con alma. Eva P2

Repuxado e Policromado. Elisa P1

Repuxado sobre recheo. Conchi P1





Repuxado e policromado. Elisa P1


Repuxado e policromado. Noni P2


Repuxado, trenzado e costuras decorativas. Teresa Ini.

Mosaico pegado. Elisa P1

Cesteria aplicada ó coiro. Eva P1




Labrado policromado con tinta china. Noemi P2

Pulido por capas. Alumnos P2

Repuxado e Grabado. Eva P2

mércores, 20 de abril de 2011

Soños Ilustrados

O pasado venres ás 19.00 tivo lugar a inauguración da exposición "Soños Ilustrados" na nosa sala "Espazo Emao". Esta exposición é unha retrospectiva da Editorial Kalandraka, que leva 12 anos traballando en libros infantís. Os autores que forman parte desta exposición son:Ramón Trigo, Marc Taeger, David Pintor, Pablo Otero, Óscar Villán, Federico Fernández, Alicia Suárez, Juan Rivas, Francisco Pérez Porto e Kiko Da Silva.




Cabe destacar a variedade de materiais empregados, non so papel, tamen ceramica, madeira, papel maché ou tela.
Invita ó espectador a interactuar, xa que a caron das pezas solo aparece o nome do autor, e no piso de abaixo nunha mesa estan todolos libros nos que aparecen as pezas expostas pra poder collelos e buscar a que libro pertence cada unha.




















HORARIO: martes a sábados entre as 19:00 e as 21:00 horasDATA: 15 de abril ata o 10 de maio de 2011
LUGAR: "Espazo EMAO"
Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Avda. García Barbón, 5.
Tlf 986 22 80 88






luns, 18 de abril de 2011

Novidades no Blog

Esta é outra das fotografías  que Nelson fixo a semana pasada na nosa aula, a      idea é que poidamos identificalas, na pestaña de Ferramentas tedes máis imaxes.
                                         
                                                                                                                                          

sábado, 16 de abril de 2011

Gracias Maestro

O pasado mercores pola mañán o mestre Nelson Villalobos estivo na nosa clase colaborando con nós nu novo proxecto que estamos a desenrolar sacando unhas fotos, é tamen lle sacou unhas instantaneas ó alumno que máis horas pasa na clase, para uns Viriato e para outros Carlos III.

Dende aqui moitas grazas Maestro.

luns, 21 de marzo de 2011

O coiro en Terras de Pontevedra

Fachada lateral da Fábrica de Curtidos.

Nas últimas semanas e grazas a unha alumna de Iniciación, descubrimos unha Fábrica de Curtidos no Concello de Ponte Caldelas. A Fábrica de Curtidos  Arruty empezou a traballar hai uns 150 anos e xunto con outras dúas foi un motor importante para a economia do municipio. Esta curtidoira debeu ter unha gran importancia xa que conta cuns 30 caleiros de gran tamaño, un gran muiño para a cortiza, do que se extraerían as substancias curtintes, e unha prensa para escurrir os coiros totalmente feita de madeira. Na segunda planta conta co secadoiro un balcón para secar os coiros ó sol.





Muiño da Cortiza.
O que máis chamou a miña atención é que normalmente as curtidoiras estaban situadas a corón dos rios, pero neste caso non é así, a auga provén dunha mina que pasa por baixo do edificio principal. Atopei tamén as ferramentas que se empregaban no traballo, nun estado moi bo, tendo en conta que esta fábrica pechou despois da Guerra Civil. A verdade é que este achado me sorprendeu totalmente, xa que somos moitos os que pasamos bastantes veces por diante desta casa e nunca pensamos o que podía haber alí dentro.

Quero dende aquí darlle as grazas á familia propietaria da curtidoira pola visita guiada que me fixeron e as facilidades que me deron para visitala. 

Retrato do Señor Arruty.

O venres 18, pola tarde  os alumnos de Perfeccionamento II fixemos unha visita á cidade de Pontevedra, non para ir as festas de Campolongo, senon para visitar o Museo de Pontevedra.
Tamen levei unha gran sorpresa, e como pontevedrés teño que darme un tirón de orellas, xa que con todos os anos que levo vivindo en Pontevedra, e o tempo que traballei para o concello guiando visitas do Roteiro Castelao (unha parte da visita era por dentro do museo), nunca me parara a observar as pezas de coiro que forman parte desta colección. Foi grazas a María Jesús (responsable da bliblioteca da EMAO) que me achegou o nome dun articulo do portugués Franklyn Pereira "As cadeiras em Couro Lavrado e os Guadamecís do museo de Pontevedra". Investigamos un pouco e fixemos a visita para completar a asignatura de "Historia do Traballo do Coiro"
Alí pudemos ver o in situ o que é un guadamecí é diferenciar os diferentes tipos de labrado do coiro. Dende aquí queremos agradecer tamén o Museo de Pontevedra e a nosa guia as atencións prestadas.